1/12/15

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN CAMPAÑEL

O pasado venres os nen@s de 6º foron visitar a biblioteca pública de Vigo, que antes coñecíamos como biblioteca Central e que agora chámase Juan Campañel. A visita foi moi interesante, os rapaces aprenderon un montón de cousas sobre a biblioteca,as súas instalacions, os fondos que teñen, o servizos que prestan. En fin, que podemos estar moi orgullosos da biblioteca que temos no centro de Vigo. Ademáis participaron nunha particular caza do tesouro na que, e sen que sirva de precedente, poideron correr pola biblioteca. Disfrutaron como rapaces que son. Dende aquí aproveito para darlle as grazas a Cesar, o fantástico bibliotecario que fixo que a nosa visita fora inmejorable!