1/12/15

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN CAMPAÑEL

O pasado venres os nen@s de 6º foron visitar a biblioteca pública de Vigo, que antes coñecíamos como biblioteca Central e que agora chámase Juan Campañel. A visita foi moi interesante, os rapaces aprenderon un montón de cousas sobre a biblioteca,as súas instalacions, os fondos que teñen, o servizos que prestan. En fin, que podemos estar moi orgullosos da biblioteca que temos no centro de Vigo. Ademáis participaron nunha particular caza do tesouro na que, e sen que sirva de precedente, poideron correr pola biblioteca. Disfrutaron como rapaces que son. Dende aquí aproveito para darlle as grazas a Cesar, o fantástico bibliotecario que fixo que a nosa visita fora inmejorable!

6/11/15

SEMANA DO MEDO

Durante toda a semana, organizamos actividades relacionadas co medo.Xa que este curso o noso proxecto son os inventos e os descubrimentos, que mellor invento que Frankenstein? Primero abordamos a súa autora, Mary Shelly, e a súa época, para introducir ao noso alumnado nas vantaxes e desvantaxes da ciencia e si e necesario certo control. Continuamos despois coa obra propiamente dita, lendo fragmentos da mesma. Por último proxectamos un anaco da pelicula de Tim Burton, Frankenweenie.

3/11/15

UNHA FESTA DE MEDO....

Este curso celebramos a nosa particular festa do medo. Nun terrorífico laboratorio, uns cientificos moi tolos fixeron tremer de medo ao noso alumnado, será porque este ano a cousa va de inventos??? Hai que ver a que montaron!!!!!!

27/10/15

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O pasado venres 23 de novembro, celebramos o Dia imternacional das Bibliotecas Escolares, para conmemorarar este dia realizamos a actividade de apadriñamentos lectores. Xuntámonos todos a "Hora de ler" no patio. Padriños e afillados disfrutaron do sol e das magníficas lecturas. Este foi o resultado.

UN LIBRO O MELLOR INVENTO

Este curso o noso proxecto xirará arredor dos inventos e os decubrimentos.Para poñer ao persoal en ambiente pedímoslles aos pais, nais e tamén aos seus fill@s que fixeran unn traballo manual que reflectira o noso slogan: "Un libro, o mellor invento". E vaia maravillas fixeron! Dar as grazas polo tempo e esforzos dedicados a este traballo que adornará o noso colexio. Aquí tendes unha pequena mostra!

10/9/15

FELIZ VOLTA AO COLE!!!!!!

Benvidos rapaces a este novo curso.Trataremos de facer moitas cousas xuntos, entre tanto dexesovos unha moi feliz volta ao cole!

19/6/15

RUMBO A MADRID

E por fin chegou a tan esperada viaxe a Madrid. Chegou e pasou......Pasámolo moy ben, sobre todo gracias a vos, que fostes quen de disfrutar e facernos disfrutar a nos. Agora toca despedirse e solo podemos desexárvos toda a sorte do mundo.... e que non nos esquezades,como tampoco os esqueceremos. ADEUS E BOA SORTE!!!!!!

4/6/15

PROXECTO DOCUMENTAL DE INVESTIGACIÓN: INDIA

Oa alumnos de E.Infantil este curso investigaron sobre a India e mostraronos os seus aprendizaxes con moito entusiasmo...graciñas nenos!!!!

22/5/15

RECENDOS DE AIRE SONORO

No día das Letras Galegas no podía faltar un Recitado de poesía..Os cursos de 3º presentaronos unha fermosa poesía de Antonio García Teijeiro, chamada "Recendos de aire sonoro"...Uns preciosos versos!!!

O BICO DA PRINCESA

Os alumnos e alumnas de 1º presentaron un bonito contacontos...Trata duha Princesiña que no quería casar cun fermoso principe...prefería unha moto..ese era o seu desexo!!!!

O SOÑO DE XOÁN

Os nenos de Infantil de 5 anos B, representaron unha obra titulada:O soño de Xoán, dando consellos para coidar o Planeta e a Natureza.Temos moito que saber!!! ...Moi ben nenos..temos moito que aprender!!!

A VODA DO PIOLLO E A PULGA

Os nenos e nenas de Infantil 5 anos A representaron a voda do piollo e a pulga ,asistiron moitos invitados e tiveron de todo...que divertido!!!!

O EXAME

Os alumnos de 5ºA representaron un exame nunha escola na que a mestra no falaba galego e no entendia ós rapaces...moito humor nesta representación teatral!!!!

BERENGUELA,A ESPIÑA DE TOXO

Os alumnos de 5º B puxeron en escea unha historia dunha espiña de toxo, xulgada pola súa conducta pero con final feliz...Moi boa interpretación !!!

UN ELEFANTE NA HABITACIÓN

Os nenos e nenas de E.Infantilde 4 anos fixeron unha representación de temática India...vestuario e posta en escea fantástica!!!!!sen olvidar o elefante sagrado....!!!

21/5/15

MEU O MUNDO É

Os nenos de infantil de 3 añosB o fixeron xenial...Música é baile o ritmo dunha bonita melodía.!!

"CAMIÑO DE VISEU"

Coreografía preciosa dos nenos e nenas máis pequenos do cole ,Infantil 3 anos A ..que ritmo ...!!!!

20/5/15

A CONSULTA DO DOUTOR..6ºB

Na celebración do día das Letras Galegas os alumnos e alumnas de 6ºB acudiron a consulta do doutor, desde os pequenos ata os velliños saíron moi mellorados...que bo doutor!!!!

19/5/15

LEMBRANDO A ROSALÍA E PALABRAS CON ENCANTO ..6ºA

Os nenos e nenas de 6ºA presentan dúas actividades que fixeron este ano axudados por aplicacións informáticas. O poema de Rosalia "Adios rios,adios fontes",mostrase con tres apps: "Notegraphy","Tellagami" con fondos e persoaxes diferentes,e despois na última parte aparecen os sentementos ou palabras que trasmite o poema, realizado ca app"Imagechef",todo elo realizado polos alumnos e alumnas de 6ºA.

ANTONIO GARCÍA TEJEIRO

O escritor do libro"Honorato ,o rato namorado"e de moitos outros libros de poesia infantil, estivo connosco o venres pasado.Os alumnos de 3º disfrutaron das suas poesías e tamén recitaronlle algunha.A visita foi moi agarimosa...o pasamos moi ben.!!!graciñas..

ALICIA BORRAS VISITA O NOSO COLE

O pasado venres dia 15 a escritora Alicia Borrás visitou a nosa biblioteca.Os nenos e nenas de 5º tiñan moitas preguntas que facerlle sobre a sua novela:"Nata e chocolate"...unha actividade moi lúdica é interesante.

24/4/15

DÍA DO LIBRO 2015

Como non podía ser doutro xeito, este día adicámolo a percorrer os paises do mundo con Julio Verne. En todas as aulas visitamos os diferentes países coa Volta ao mundo en 80 días. Durante a hora de ler todo o cole leu a parte desta obra que correspondía o país que están a traballar. A verdade e que os rapaces entusiasmaronse con este particular viaxe...

22/4/15

JULIO VERNE

CUENTOS DE INFANTIL

Os rapaces de infantil están atraballar a Idade Media, e aproveitando este fito visitaron o castelo de Vilasobroso. Depoís da visita elaboraron estos fermosos contos que "publicamos" para vos.

21/4/15

MES DE JULIO VERNE

Este mes e coincidindo coa celebración do día do libro, traballaremos sobre a figura de Julio Verne. Xa que este ano a nosa PDI, está adicada aos paises do mundo imos emprender a nosa particular volta ao mundo da man do esgreiro autor. Outro escritor, Juan José Millás,escribiu un magnifico artículo sobre Julio Verne, que dalgún xeito expresa o que todos sentimos por el e pola súa obra. Xulio Verne foi vítima dunha capacidade de anticipación asombrosa. A súa cabeza concebiu, antes de que chegaran á realidade, o submarino, o helicóptero, o raio láser, os paneís solares… e mesmo Internet. Aquí temos un tipo, que descubriu o século XX dentro del século XIX. Ante esta circustancia o lóxico é que che leven os demos. A min paréceme que a Julio Verne levabanno os demos porque o traxe do XIX viñalle pequeno. Podería ter rematado nun psiquiatríco, pero canalizou a través da escritura a mala sangue que lle provocaba vivir dentro dunha época, con catro tallas mentais menos das que lle correspondían. É raro o lector cuxo encontro coa obra de Verne no lle movese os alicerces . Pola miña parte, quixo o azar que a primeira novela que lera na miña vida fora Cinco semanas en globo. Aclarémonos: eu non era lector. Eu era un rapaz que pasaba moitas horas na rúa e que no inverno, para combater o frío, metíase aos poucos nunha biblioteca pública do seu barrio na que había calefacción, pero onde era obrigatorio estar calado e quedo: tal era o prezo da calor. Un día, por puro aburrimento, ese neno levantouse da mesa, acercouse a un dos andeis, sacou dela un par de libros que devolveu ao seu lugar despois de ollar as portadas. O seu dedo índice continuo percorrendo o lomo dos volúmenes, ata que se detivo en Cinco semanas en globo. A ilustración da cuberta amosaba un globo coa canasta medio desprendida a cuxos restos aferrabanse desesperadamente dous ou tres persoas. O neno voltou perezosamente co libro á mesa, abriuno, leu as súas primeiras líñas e precipitouse no interior do relato coma o que tropeza e cae polas escaleiras que conducen ao sóto. Alí naceu, a idea do libro como sóto, como lugar simbólico en cuxo interior estás a salvo de todo excepto de ti mesmo. O libro como salvación, a lectura como vinganza.

6/3/15

IMOS ILUSTRAR UN CONTO!!!!!!

O pasado mércores visitáronnos, Enrique e Carlos. Escritor e ilustrador presentaron aos nenos e nenas de Primeiro a Actividade :Polo correo do vento. Contaron o conto"O esquío ratampante", unha pequena historia de amor entre esquios que teñen que superar un montón de adversidades, pero que finalmente acabaron en comemos felices. Máis tarde os nenos/as tiveron que facer debuxos para ilustrar a historia. Estas actividades enmárcanse dentro do Programa do Concello para a dinamización da lingua.

24/2/15

ROSALIA

Os rapaces de 6ºA foron quen de facer este fermoso traballo empregando diferentes apps como, tellagami, notegraphty etc...

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía de Castro.Un 24 de febreiro de hay 178 anos nacía a nosa insigne escritora e poetísa.Todavía moi presente nas nosas escolas, celebremos este día, recordando a súa obra e o seu amor a nosa terra.

3/2/15

DIA DA PAZ CON AIDA

A presidente da AIDA en Vigo: Hortense Ngbapai Bituyai de la República del Congo,viunos visitar e contounos os problemas dos inmigrantes africanos fora dos seus paises de orixen. Dende a súa experiencia como inmigrante,foi quen de interesar aos rapaces, que seguiron a sua charla con moitísimo interés.