30/4/14

OS XIGANTES

Hoxe visitou o noso centro a compañia de teatro Miro Magariños, coa súa obra "Os Xigantes". Esta magnifica obra fixo as delicias do noso alumnado.No marco dunha carpinteria, tres terribles xigantes convírtense en mansos corderiños, a vista dos rapaces. Agradecemos a editorial SM. que o fixera posible. Esperamos volver veros.

24/4/14

CIDADES

DIA DO LIBRO 2014 ..

CELEBRAMOS O DÍA 23 DE ABRIL..Recitamos poemas do libro de Fran Alonso.."Cidades"...Os poemas recitados polos nenos e nenas acompañaronse de fotos de Vigo que os ilustraban: ruas, parques,porto,plaia, edificios,chuvia,mar....etc...poñen color as fermosas poesias.