28/2/14

ENTROIDO 2014

E esto é o que deu de sí o noso entroido vigués, cheo de forofos, avions, pesqueiras, coches, franceses, escudos humanos e turistas...... E algún que otro infiltrado. Desfilamos polas ruas do barrio, acompañados pola música da charanga. En fin toda unha festa!

25/2/14

OS MURAIS DO MEU COLE

Aquí podedes ver as fotografías que reflicten os traballos que imos facendo durante este curso. A meirande parte deles teñen que ver co proxecto deste ano: "Vigo a nosa cidade", pero tamén incluimos outros relativos a outras actividades,que resultan fermosas e interesantes.

MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

O pasado venres visitounos María Menéndez-Ponte, a autora de Retoñito e creadora de Pupi, para ela ditos personaxes forman parte da súa familia. Explicou como a creatividade forma parte da súa personalidade dende que é cativa e como a imaxinación desbordada de rapaza meteuna en máis dun lío. Os rapaces disfrutaron coa presenza da autora e fixéronlle un sinfín de preguntas. Moitas grazas María, esperamos verte de novo.