27/5/13

AITOR PONCETE VISITA O NOSO COLE

Desta volta o noso amigo Poncete deixounos o patio cheo de flores e tivemos que adiviñar as letras que faltaban nos pétalos.Pasámolo en grande! Deica pronto Aitor Poncete!

16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013. NA COVA DOS RATOS

Os alumnosde 4º puxeron en escena unha divertida obra, na que os protagonistas indiscutibles eran os ratos. por alí desfilaron: o ratonciño Perez, a ratiña presumida, o vello ratón de biblioteca..... todos eles convivindo cos infelices humanos. Ah!, por suposto non podía faltar o minino, aínda que neste caso non era o temible inimigo dos ratos,máis ben un inofensivo miquiño de peluche...

14/5/13

LETRAS GALEGAS: O MAQUINISTA ANTÓN.

Os rapaces de 6º curso representaron a obra "O maquinista Antón". Paiasos, hippies, borrachos...e ata un pescador de soños desfilaron por esta obra. Todos compartimos a emoción deste maquinista que cumplíra o seu soño de conducir un tren.

CARTEIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O cole presentouse o concurso que a Consellería convoca cada ano en relación co autor das Letras Galegas, que consiste na realización de dez carteis biográficos sobre o autor homenaxeado,máis una unidade didáctica. Esta foi a nosa proposta. Ainda que non fomos premiados, estamos moi satisfeitos do resultado do noso esforzo.

REVISTA ESCOLAR

Aquí déixovos a revista escolar, que como cada ano é un intento de reflectir todo o que traballamos durante este curso escolar. Está chea de animaliños, xa que este foi o noso tema central. Esperemos que vos guste!