29/4/13

VISITA GRANXA DE VACAS

Neste curso os nenos/as de 3º traballamos dentro do tema dos animais:A VACA. O día 19 de abril visitamos unha explotación gandeira en Viascón (Cotobade);tocamos as vacas, démoslles de comer ......pasámolo XENIAL.

26/4/13

FINA CASALDERREY

O pasado martes día 23 de abril visitou a nosa biblioteca Fina Casalderrey.Os alumnos de 3º a recibiron con moito entusiasmo. Presentaron a autora explicando a súa biografía. Motivou os nenos a letura, creou unha atmósfera de maxia e fantasía...os nenos disfrutaron con ela e para rematar firmou os libros de " O misterio da casa do Pombal".Moitas grazas. Esperamos verte pronto!!!

PRINCIPIÑO

O pasado martes celebramos o Día Internacional do Libro, facendo unha letura de "O Principiño", durante a hora de ler, en todas as aulas leron os primeiros cápitulos deste fermoso libro, de Antoine Saint-Exupéry. Este mes, desde a biblioteca, adicamos diversas actividades, ó autor e a súa novela "O principiño"

24/4/13

DIA DO LIBRO 23 ABRIL

Marcapáxinas de animais, de insectos varios, vacas...deseñados polos nenos nun día tan especial como o Día 23 de Abril día do Libro.Un recordo moi creativo para este día.Unha iniciativas conxunta entre a biblioteca e o departamento de inglés.

MAXIA E MÁIS MAXIA CON AITOR PONCETE

Aitor Poncete deixou un misterio para conmemorar o Día do libro. Os nenos e nenas de primeiro escribiron un conto disparatado e un libro máxico de adiviñas.

18/4/13

ANTOINE SAINT-EXUPERY

Para saber mais sobre o noso autor do mes aquí tendes este pequeño traballo de investigación.

15/4/13

O PRINCIPIÑO: 70 ANOS LONXE DO ASTEROIDE B612

Este ano celébrase o 70 aniversario da publicación dunha das obras máis importantes da literatura universal: "O Principiño" de Antoine- Saint Exupéry. Este home non só escribiu un dos mellores libros infantís, senón que el mesmo tivo unha vida propia dun libro de aventuras. Recoñecido piloto e pioneiro da aviación moderna, tivo paralelamente unha carreira como escritor que comezou mentres vivía na Arxentina. Durante a súa vida como piloto tivo varios accidentes aéreos, sendo o máis coñecido o sucedido o 30 de decembro de 1935, cando o seu avión caeu no deserto do Sahara e el e máis o seu compañeiro lograron sobrevivir ao impacto. Catro dias despois, xa a piques de morrer pola falta de auga, foron rescatados por un beduino. Desta durísima experiencia, xurdirá a súa obra máis coñecida e fermosa, O Principiño. Foi publicada no 1943. Aínda que se trata dun libro infantil, a crítica sempre o considerou un grande traballo sobre a natureza humana. Esta fermosa obra deixounos algúns dos pensamentos máis profundos á vez que sinxelos da literatura universal, como : "Non era máis cun raposo, semellante a cen mil outros. Pero eu fíxeno meu amigo e agora é único no mundo" , "Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos" ou "Terei que soportar a dúas ou tres eirugas se quero coñecer as volvoretas"

12/4/13

GRAN TESOURO DAS LETRAS PERDIDAS

TARARI-TARARI, POM POM........... O vindeiro sábado ,día 20, no cole, o ANPA ( dentro do programa ANPAS en Rede) organiza unha actividade para conmemorar ou Día Internacional do Libro que, como cada ano, celébrase o 23 de abril. Organizarase : " O Gran Xogo do Tesouro dás Letras Perdidas" O Xogo consta dun gran taboleiro con diversas probas. Faremos grupos de nenos/as de idades variadas.Traballaremos a creatividade, a imaximación, comprensión letora, fomentando en todo momento a paixón pola letura...... A actividade e para todos os nenos/ as do cole, socios ou non, acompañados dun adulto. E necesario que vos inscribades nesta actividade , e podedes facelo ata o venres dia 19 as 10 horas na oficina do ANPA.

11/4/13

ROSALIA, UNHA MENIÑA

Dous narradores viñeron o cole para presentarnos a infancia e xuventude da nosa admirada, escritora e poetísa Rosalía de Castro. Entre música e poesía, os rapaces aprenderon o tempo que se divertiron.

10/4/13

UNHA DE CONTOS

O grupo Consorcio Editorial, mandaron o noso cole un contacontos. O protagonista indiscutible foi o burro, desde as súas orixes. O onagro mesopotámico, pasando por distintas fábulas. O fio conductor foi Gianni Rodari. Os rapaces disfrutaron moito deste simpático contacontos. Esperamos volver a verte pronto.Hasta sempre!

2/4/13

DÍA INTERNACINAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, día 2 de Abril, celebrámos o día internacional do libro Infantil e Xuvenil,para conmemorar a data na que naceu o célebre escritor danés Hans Christian Andersen, autor de obras tan coñecidas como 'O patito feo', 'a Sirenita' ou 'Hansel e Gretel'. Ademais, a intención deste festexo é fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa. Para que disfrutedes cos contos, aquí déixovos dous , editados pola editorial OQO. Os sete cabritillos Fiz, coleccionista de medos