20/12/13

FESTIVAL DE NADAL

Este ano o noso festival de Nadal tivo un sabor moi local. A compañía aérea Canicouva levóunos surcando os ceos da nosa cidade, rumbo a un destino mellor.

18/12/13

A BIBLIO VÍSTESE DE NADAL

Semana especial do Nadal. Esta semana a biblioteca organizou distintas actividades o redor do Nadal. Durante os recreos os rapaces puideron disfrutar dun corto (The Snowman) e de distintas sesións de contacontos, o cargo de dus alumnos de 6º e de Mercedes, unha mestra que prestouse para esta actividade. Moitas grazas aos tres.

10/12/13

RAP DAS ETAPAS DA VIDA

Co lema "en galego é mellor¨ os rapaces de terceiro, marcáronse un rap para aprender as etapas da vida. Éste é o resultado.

9/12/13

NELSON MANDELA

Dende aquí queremos rendir un pequeno homenaxe a Nelson Mandela, falecido o 5 de Decembro. Todo o que poidamos dicir de este home xa esta dito, simplemente recordar a este gran home de sorriso plácido. Grazas a Rosana Rodiles da Biblioteca Escolar Xoan Farias (Ceip.Pazos), por esta fermosa imaxen

26/11/13

PADRIÑOS E MADRIÑAS LETORAS

O pasado venres tivemos un día moi especial. Os nosos nenos foron padriños e afillados letores. A actividade entusiasmou a uns e a outros e baixo un sol relucinte, todos disfrutaron da actividade.

25/10/13

INAGURACIÓN 2014

Onte reabrimos a nosa biblioteca. Despóis de ensinarlles os rapaces o bonita que está a biblio e unha vez máis recordarlles as nosas normas, pasamos a ensinarlles o video "Vigo a arquitectura perdida" xa que este ano o noso proxecto documental será : Vigo.

8/10/13

VIGO, A NOSA CIDADE

Este curso, o noso proxecto xira en torno a Vigo e a súa ría. Tratataremos de achegarnos a nosa cidade: a ria, o clima, o porto ,o aeroporto, a historia, o Celta,Citroën, o entorno do noso cole .... e outros aspectos relacionados coa arte, a arquitectura, as tradicións e todo o que poida resultar interesante.

11/9/13

BENVIDOS!!!!!!!!!!

Aquí estamos de novo! Despois das vacacions de verán, volvemos outra vez o cole. Espero que o pasarades moi ben, pero agora hai que volver a por as pilas e empezar a traballar. Pola miña banda teño un montón de novidades. Temas novos, libros novos e un largo etc... Vémonos axiña. Bicos Tritongo

19/6/13

ANIMAIS EN PERIGRO DE EXTINCIÓN

Os alumnos de 6º investigamos por grupos sobre catro animais:Bufo real,gato montés,avefría e o lobo....Podedes ver a nosa presentación para todos os nenos e profes do Cole.

O CABALO

Os alumos de 5º investigaron sobre OS CABALOS, as suas característica, alimentación, tipos de razas, etc...aprenderon cousas moi,moi importantes!!

14/6/13

O MELLOR AMIGO DO HOME

Os nenos-as de 1º investigaron sobre a vida dos cans.Aprenderon moitas cousas novas.Que interesante foi escoitalos!!

TEÑO UNHA VACA.......

Os nenos-as de 3º expoñen os seus coñecementos adquiridos este curso sobre as vacas....Que interesante!!

HABÍA UNHA VEZ UNHA COLMENA

Os nenos de 2º informan os alumnos do noso cole sobre a vida, a alimentación e os beneficios das abellas no noso entorno.Sen elas no poderíamos vivir!!

RATOS, RATOS E MÁIS RATOS

Os nenos-as de 4º investigamos e aprendimos moitas cousas sobre os ratos.

7/6/13

VERMES DE SEDA

Os alumnos de Infantil este curso traballaron dentro do proxecto documental dos animais, OS VERMES DE SEDA...investigaron e observaron todo o seu proceso vital, como dós ovos nacían os vermes,crecían e convertíanse en bolboretas. Tamén aprenderon o que comen e como son....foi una investigación moi interesate!!! Para saber máis sobre o tema premede na parte esquerda do blog, onde pon proxectos.

2/6/13

ELPRINCIPITO

Os alumnos de E.Infantil de 5 anos,dentro dos itinerarios lectores achegaronse a noleva de Saint- Exupéry.." El principito".

27/5/13

AITOR PONCETE VISITA O NOSO COLE

Desta volta o noso amigo Poncete deixounos o patio cheo de flores e tivemos que adiviñar as letras que faltaban nos pétalos.Pasámolo en grande! Deica pronto Aitor Poncete!

16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013. NA COVA DOS RATOS

Os alumnosde 4º puxeron en escena unha divertida obra, na que os protagonistas indiscutibles eran os ratos. por alí desfilaron: o ratonciño Perez, a ratiña presumida, o vello ratón de biblioteca..... todos eles convivindo cos infelices humanos. Ah!, por suposto non podía faltar o minino, aínda que neste caso non era o temible inimigo dos ratos,máis ben un inofensivo miquiño de peluche...

14/5/13

LETRAS GALEGAS: O MAQUINISTA ANTÓN.

Os rapaces de 6º curso representaron a obra "O maquinista Antón". Paiasos, hippies, borrachos...e ata un pescador de soños desfilaron por esta obra. Todos compartimos a emoción deste maquinista que cumplíra o seu soño de conducir un tren.

CARTEIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O cole presentouse o concurso que a Consellería convoca cada ano en relación co autor das Letras Galegas, que consiste na realización de dez carteis biográficos sobre o autor homenaxeado,máis una unidade didáctica. Esta foi a nosa proposta. Ainda que non fomos premiados, estamos moi satisfeitos do resultado do noso esforzo.

REVISTA ESCOLAR

Aquí déixovos a revista escolar, que como cada ano é un intento de reflectir todo o que traballamos durante este curso escolar. Está chea de animaliños, xa que este foi o noso tema central. Esperemos que vos guste!

29/4/13

VISITA GRANXA DE VACAS

Neste curso os nenos/as de 3º traballamos dentro do tema dos animais:A VACA. O día 19 de abril visitamos unha explotación gandeira en Viascón (Cotobade);tocamos as vacas, démoslles de comer ......pasámolo XENIAL.

26/4/13

FINA CASALDERREY

O pasado martes día 23 de abril visitou a nosa biblioteca Fina Casalderrey.Os alumnos de 3º a recibiron con moito entusiasmo. Presentaron a autora explicando a súa biografía. Motivou os nenos a letura, creou unha atmósfera de maxia e fantasía...os nenos disfrutaron con ela e para rematar firmou os libros de " O misterio da casa do Pombal".Moitas grazas. Esperamos verte pronto!!!

PRINCIPIÑO

O pasado martes celebramos o Día Internacional do Libro, facendo unha letura de "O Principiño", durante a hora de ler, en todas as aulas leron os primeiros cápitulos deste fermoso libro, de Antoine Saint-Exupéry. Este mes, desde a biblioteca, adicamos diversas actividades, ó autor e a súa novela "O principiño"

24/4/13

DIA DO LIBRO 23 ABRIL

Marcapáxinas de animais, de insectos varios, vacas...deseñados polos nenos nun día tan especial como o Día 23 de Abril día do Libro.Un recordo moi creativo para este día.Unha iniciativas conxunta entre a biblioteca e o departamento de inglés.

MAXIA E MÁIS MAXIA CON AITOR PONCETE

Aitor Poncete deixou un misterio para conmemorar o Día do libro. Os nenos e nenas de primeiro escribiron un conto disparatado e un libro máxico de adiviñas.

18/4/13

ANTOINE SAINT-EXUPERY

Para saber mais sobre o noso autor do mes aquí tendes este pequeño traballo de investigación.

15/4/13

O PRINCIPIÑO: 70 ANOS LONXE DO ASTEROIDE B612

Este ano celébrase o 70 aniversario da publicación dunha das obras máis importantes da literatura universal: "O Principiño" de Antoine- Saint Exupéry. Este home non só escribiu un dos mellores libros infantís, senón que el mesmo tivo unha vida propia dun libro de aventuras. Recoñecido piloto e pioneiro da aviación moderna, tivo paralelamente unha carreira como escritor que comezou mentres vivía na Arxentina. Durante a súa vida como piloto tivo varios accidentes aéreos, sendo o máis coñecido o sucedido o 30 de decembro de 1935, cando o seu avión caeu no deserto do Sahara e el e máis o seu compañeiro lograron sobrevivir ao impacto. Catro dias despois, xa a piques de morrer pola falta de auga, foron rescatados por un beduino. Desta durísima experiencia, xurdirá a súa obra máis coñecida e fermosa, O Principiño. Foi publicada no 1943. Aínda que se trata dun libro infantil, a crítica sempre o considerou un grande traballo sobre a natureza humana. Esta fermosa obra deixounos algúns dos pensamentos máis profundos á vez que sinxelos da literatura universal, como : "Non era máis cun raposo, semellante a cen mil outros. Pero eu fíxeno meu amigo e agora é único no mundo" , "Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos" ou "Terei que soportar a dúas ou tres eirugas se quero coñecer as volvoretas"

12/4/13

GRAN TESOURO DAS LETRAS PERDIDAS

TARARI-TARARI, POM POM........... O vindeiro sábado ,día 20, no cole, o ANPA ( dentro do programa ANPAS en Rede) organiza unha actividade para conmemorar ou Día Internacional do Libro que, como cada ano, celébrase o 23 de abril. Organizarase : " O Gran Xogo do Tesouro dás Letras Perdidas" O Xogo consta dun gran taboleiro con diversas probas. Faremos grupos de nenos/as de idades variadas.Traballaremos a creatividade, a imaximación, comprensión letora, fomentando en todo momento a paixón pola letura...... A actividade e para todos os nenos/ as do cole, socios ou non, acompañados dun adulto. E necesario que vos inscribades nesta actividade , e podedes facelo ata o venres dia 19 as 10 horas na oficina do ANPA.

11/4/13

ROSALIA, UNHA MENIÑA

Dous narradores viñeron o cole para presentarnos a infancia e xuventude da nosa admirada, escritora e poetísa Rosalía de Castro. Entre música e poesía, os rapaces aprenderon o tempo que se divertiron.

10/4/13

UNHA DE CONTOS

O grupo Consorcio Editorial, mandaron o noso cole un contacontos. O protagonista indiscutible foi o burro, desde as súas orixes. O onagro mesopotámico, pasando por distintas fábulas. O fio conductor foi Gianni Rodari. Os rapaces disfrutaron moito deste simpático contacontos. Esperamos volver a verte pronto.Hasta sempre!

2/4/13

DÍA INTERNACINAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, día 2 de Abril, celebrámos o día internacional do libro Infantil e Xuvenil,para conmemorar a data na que naceu o célebre escritor danés Hans Christian Andersen, autor de obras tan coñecidas como 'O patito feo', 'a Sirenita' ou 'Hansel e Gretel'. Ademais, a intención deste festexo é fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa. Para que disfrutedes cos contos, aquí déixovos dous , editados pola editorial OQO. Os sete cabritillos Fiz, coleccionista de medos

22/3/13

VISITA ANA ALONSO

Onte estivo con nós a escritora Ana Alonso.
Foi unha visita estupenda, onde os rapaces aprenderon moitas cousas sobre os nosos antergos. A autora contestou todas as preguntas dos rapaces e tamén asinoulles os seus exemplares. A visita foi adicada os rapaces de 5º 6º e 2º, xa que a súa obra forma parte dos seus itinerarios lectores.
Para os que queirades saber algo máis sobre esta interesante autora, aqui  vos deixo a súa biografía.

 Ana Alonso (Terrasa 1970) Escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria, residiu durante a mairande parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París.Ten publicados oito poemarios e, entre outros, recibiu Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ojo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008). Tamén  traduciu alguns clásicos británicos e americanos.O seu último libro publicado é Versos piratas, piratas en verso (Anaya, 2009).

6/3/13

FORMACION DOCUMENTAL

Presentación para aprender a buscar na rede con eficiencia elaborada por Charo Sánchez e Olga Díaz.

15/2/13

ENTROIDO 2013

Isto foi o que deu de sí o noso Entroido........ O particular animalario do cole Canicouva saiu á rúa. Podiamos ver xoaniñas, abellas zumbonas, vacas con moi boa leite,ratiños presumidos, cabalos, vaqueiros, e un montón de mouchos sabios.....E tamén algúns veterinarios por si se precisaban. Disfrutamos deste día percorrendo as rúas próximas ao cole e despois entramos no parque de Castrelos. Por último a queima do meco, que a pesar do fermoso que era o noso Pilarico, sucumbiú no lume.

8/2/13

CURTA DE OSCAR

Aqui déixovos esta curta da factoría Disney,ambientada en Nova York nos anos 40, nominada para os oscar do cine. O seu director Jonh Khars comenta acerca dela: "Iba camino al trabajo a través de la Grand Central Station, esperando que mi vida, por alguna razón, fuese mejor de lo que era [...] Tenía algo que ver con conexiones casuales que a veces se hace con la gente. Completos extraños [...] De vez en cuando uno hace contacto visual, luego lo pierde, y uno a menudo se pregunta quiénes eran esas personas. La historia de Paperman gira en torno a un tipo que hace una conexión con esta chica en su largo viaje al trabajo. Luego la pierde de vista. La historia es realmente acerca de lo que pasa cuando intenta recuperarla y volver a hacer esa conexión. ¿Cómo recompensaría el destino a alguien que intenta con todas sus fuerzas que esto suceda?".

5/2/13

DÍA DA PAZ E A NO-VIOLENCIA

O pasado mércores 30, celebramos o Día Internacional Escolar da paz e da no-violencia. Tivemos unha xornada moi completa, cantamos e tamén os rapaces, compuxeron unha fermosa frase, na que se nos recorda que a nosa humanidade ou falta dela reflíctese no noso comportamento cos animais. Para rematar, o colónbofilo, Luís Rey, explicounos un montón de cosas interesantes acerca das pombas menxaseiras. As costumes, o seu entrenamento, como conseguir unha campeona......E que mellor día que hoxe este para falar das pombas.