30/10/12

MAMASIÑA, QUE MEDO!

Neste tempo de Samaín, na nosa biblioteca tedes en exposición unha escolma de libros de medo. Os amantes deste xénero podedes botarlle un ollo, para así ter unha referenza para as vosas lecturas, pois estes exemplares ,pasado o mes de novembro, estarán xa á vosa disposición.

28/10/12

REAPERTURA DA NOSA BIBLIO

Como cada ano, con motivo do "Día das Bibliotecas Escolares", reabrimos a nosa biblioteca. Todos baixamos á "biblio" para recoller os nosos carnés de usuarios. O noso percorrido por escaleiras e corredores,foi amenizado pola "Banda de Tritongo" cunha cantiga de rap adicada á nosa mascota. Como o tema elixido para o noso proxecto documental deste ano é "Os animais", tivemos que abrirnos paso a través dun verdadeiro animalario para chegar "o zoo" no que quedou convertida a nosa biblioteca.

ANIMALARIO

Aquí tedes o marabilloso animalario confeccionado polas familias do noso colexio. Agradecemos moitísimo os traballos que fixestes. Sabemos que o tempo non abonda e que hai que adicarlle moito para facer estas marabillas. Grazas.

11/10/12

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este ano comezamos coa formación dos axudantes de biblioteca, aquí van as normas que deben seguir. Esperamos que todos fagan un estupendo traballo!