14/5/12

LETRAS GALEGAS

Xa estamos a investigar outra vez! Co ben que o fixestes a vez anterior, imos seguir investigando. Esta vez trátase do escritor homenaxeado con motivo das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade. E moi sinxelo pero sen díbida aprenderedes moitas cousas sobre el. Se tedes algún problema, xa sabedes, pasade pola biblio.

8/5/12

LETRAS GALEGAS

Este é outra perte do magnífico traballo que fixeron os rapaces do colexio público Castelao de Rianxo, en torno a figura de Valentín Paz Andrade.

LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o 50 aniversario das Letras Galegas, o homenaxeado é o polifacético autor( escritor,xornalista, poeta, avogado, empresario....) Valentín Paz Andrade. Aquí queda unha das súas poesías.