Como xa sabedes, o longo desta semana, vimos celebrando o "día do Libro" aquí deixamos as actividades realizadas polos pequechos de 4 anos.
Primeiro escoitaron un conto, logo fixeron un conto propio, demostrando o moito que aprenderan.
Bravo por eles!
27/4/12
25/4/12
AITOR PONCETE NO DÍA DO LIBRO
O pasado venres, Aitor Poncete deixounos no seu maletín un libro máxico para cada un de nós. Ao abrir o libro por completo, unha parte da historia desaparece!!!
Cada un de nós escribiu unha historia. Aínda que todas comezaban igual, resultaron moi diferentes.
Onte , 23 de abril, celebramos o día do libro e cada un leu a súa historia.
Tamén descubrimos a solución dunha adiviña que Poncete nos deixou escrita por detrás. Queres resolvela?
Di así:
“Ten lombo e non anda,
ten follas e non é planta.
Sabe moito e non fala.
Sabes xa que é?”
Deixámosvos unhas fotos dos nosos libros máxicos. Esperamos que vos gusten.
23/4/12
DÍA DO LIBRO
Aquí tendes un pequeno caderno para que investiguedes sobre o Día do Libro. Este pequeno traballo esta baseado en outros que atopei en internet, pero sobre todo nun muy similar feito por Julia Gonzalez. A quen lle dou as grazas.
22/4/12
DÍA DO LIBRO
Mañá luns é o "Día Internacional do Libro" para a nosa biblioteca é moi importante, para que reflexionedes aquí vai un video.
16/4/12
TORPONCETE ATACA DE NOVO
Hoxe o detective Aitor Poncete, visitou os rapaces e rapazas de 1º.
Este curioso personaxe e un verdadeiro "león" que é quen de axudar os nenos/as a coñecer as letras.
No misterio de hoxe, os rapaces, atoparon no patio unha morea de flores ás que lles faltaban letras. Tiñan que arrincarlle un pétalo á flor e buscar as letras que faltaban para poder ler a palabra.
Xa está aquí a primavera que a todos nos alegra!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)