24/2/12

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o día da nosa poetisa, nacida un 24 de febreiro hai 175 anos.

"Adios ríos, adios fontes, adios regatos pequenos. Adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremos." É un bo día para ler, cantar e recitar os seus poemas.

16/2/12

A bruxa regañadentes

Que conto máis bonito! A editorial OQO regálanos esta adaptación cinematográfica dun dos seus contos.

ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, a biblioteca estivo pechada, porque todos saímos  celebrar o entroido polas rúas de Castrelos. Os máis pequechiños foron bonecos de neve e feros piratas os de 1º e 2º curso. Un mar de peixes de 3º e 4º precedían a unha numerosa tripulación de mariñeiros de 5º e 6º.  

15/2/12

COMENZA O NOSO CURSO PASADIÑO POR AUGA



Comenzou o curso 2011-2012 e a biblioteca estaba pechada.Pasaron os primeiros días e xa tiñamnos ganas de ler. De súpeto chegou a chuvia. O colexio encheuse de nubes de autor e paraugas poetas. No chan una morea de pingas de auga levaban dereitiño a porta da biblioteca. Que estabá a pasar?


Cando estabamos no recreo abríronse as ventás da biblioteca e sonou a música. Nenas e nenos recitaban poemas e texto9s de sabios. Todos falaban de auga. Era o sinal de que a biblioteca abría a súa porta de pingas.E.....CADA PINGA CONTA UNHA HISTORIA.

8/2/12

VISITA DE MARÍA MENÉNDEZ

O venres día 10 nos visitou a escritora María Menéndez Ponte. Os nenos de segundo estiveron moi felices de recibila e fixéronlle moitas preguntas sobre os contos de Pupi é sobre Retoñito.